jueves, 6 de julio de 2017

EDUCACIÓN INFANTIL



As nenas e nenos de infantil comezan a súa escolaridade no centro despois do verán. É moi importante que estemos coordinados o profesorado e a familia co fin de proporcionarlles as mellores bases para acadar o éxito. Estes primeiros anos son moi importantes pois neles adquírense hábitos e comportamentos fundamentais para a súa vida escolar e persoal posterior.

* COLABORACIÓN FAMILIA -ESCOLA



A educación das nenas e dos nenos ten que ser unha tarefa compartida entre a familia e a escola.
Realizaranse titorías ó longo do curso, ademais os pais recibirán trimestralmente información escrita (boletín de notas), teran información actualizada no blog do colexio e a nova aplicación instaurada neste curso chamada "Tokappschool".

Ante calquera situación de dúbida ou problema, comentar co profesorado é o sistema máis adecuado e eficaz. Os whatsapps entre familias non arranxan nada e só sacan de contexto os sucesos e mesmo poden complicalos.



* VALORACIÓN E ACTITUDE QUE AS NENAS E OS PAIS TEÑEN CARA Á ESCOLA

- A actitude da familia respecto da educación  e da escola vai aumentar ou disminuir a importancia que o alumnado lle dea a esta. Na casa debemos amosar interese por todo o que fai na escola (as actividades, o seu comportamento, os xogos, os materiais, ás áreas...). A familia é a primeira medida para o alumnado sobre ó que debe darlle importancia e sobre o que non.

- A escola programa moitas actividades nas que a familia pode colaborar  (procurando información nos proxectos, reforzando tarefas que se inicien en clase...).

- Transmitirlles a importancia de asistir ó colexio con regularidade.

- Interese polo seu comportamento. Afianzar na casa hábitos e conductas positivas que se vaian adquirindo no cole.

* HÁBITOS E CONDUTAS ADECUADAS



Hai que insitir moito nos hábitos adecuados dende pequenos e pequenas, deixar que pase o tempo, ou que cumpran máis anos non axudará a adquirilos mellor senón que fará que acadalos despois sexa máis difícil inda.



Uns dos hábitos elementais son os de puntualidade e asistencia regular. O colexio ten un horario que comprende desde as 9:00 ás 14:30 h. Convén respectar estrictamente este horario e entrar con puntualidade.

Unha vez concluído o período de adaptación non existe ningún motivo para non cumprir o horario como o resto das nenas e dos nenos. Se se chega tarde non só se interrompe o traballo das compañeiras e dos comprañeiros e do profesorado, o que de por si xa é importante senón que se perden os primeiros contactos, rutinas de entrada, instruccións e explicacións sobre actividades do día e adquírense hábitos nada aceptables para o futuro. O centro conta cun protocolo de absentismo e a impuntualidade.

-  Buscar un anaquiño de tempo cotiá e específico para gozar xuntas e xuntos con diferentes cousas (xogos educativos, lecturas, escrituras…) é una forma de asegurarse una relación familiar fluída e una comunicación aberta coas fillas e cos fillos, sempre, nestes casos vale máis a calidade que a cantidade.

-         -   Ter momentos de conversa e deescoita coas fillas e cos fillos, momentos de intervención nun diálogo familiar. Falar con asiduidade e de diferentes temas, manter coas neneas e cos neneos conversas e diálogos e non limitarse a darles ordes e instrucións.

-       - Aproveitar ó máximo as situación e os materiais da casa par ir estimulando aprendizaxes básicas.


-         ·        EDUCACIÓN EN VALORES

A mellor garantía de éxito en moitos aspectos educativos e sociais radica na crianza en valores.
-       Cómpre reflexionar sobre o pouco aconsellable que resulta proporcionar ás fillas e ós fillos todo o que piden a nivel material e consumista.
-   A vida saudable comeza cunha boa alimentación e cuns hábitos de sono e almorzó axeitados. Que se acostumen nos recreos a traer alimentos sans para as merendas.
-    Amosar cariño e amor non é o mesmo que sobreprotexer. As nenas e os nenos deben ir acadando cada vez maior cota de autonomía e independencia, e a sobreprotección frea esta consecución e impide madurez reforzando a sensación de inutilidade. Hai moitas cousas que as nenas e nenos son capaces de facer sen axuda excesiva e convén que se acostumen a facelas: recoller as súas cousas, elixir e ponerse a súa roupa, poñer o mandilón…Hai que deixar que fagan as cousas soas e sós inda que tarden máis ou o fagan mal ó comezo.
-      Contar coas súas ideas e opinión fai que cada vex sexan máis maduras e maduros, isto noné o mesmo que admitir coaccións pola súa parte (pataletas, choros, caprichos…).
-    Unhas normas claras, congurentes e sen contradicións dan seguridade ó amosar como conducirse. 


OUTRAS COUSAS

-      Non deixar de comentar co profesorado as enfermedades da nena e do neno e mesmo as medicacións que están a tomar e que puidesen ter relevancia para as súas actividades na escola. No caso de que sexa preciso cómpre traer certificación médica.
-    Informar ao porfesorado dos cambios relevantes que se prode cun no ámbito familiar e tamén nos cambios de número de teléfono ou enderezo.
-   O contaxio de piollos é frecuente nos nenos e nenas do colexio, sobre todo entre o alumnado máis pequeno, convén prestar atención aos primeiros síntomas e actuar en consecuencia.




No hay comentarios:

Publicar un comentario