jueves, 6 de julio de 2017

AS NOVAS TECNOLOXÍAS

AS NENAS E OS NENOS ANTE AS TABLETS, OS MÓBILES…..(DISPOSITIVOS ELECTRÓNICOS QUE USAN INTERNET)


A presenza nas nosas vidas de dispositivos electrónicos que utilizan internet é xa inevitable. A tecnoloxía en si mesma non é mala, pero pode ser malo o uso que se fai dela. Hai que ter en conta a quen vai dirixida e hai que regular de xeito consciente o seu uso para que sexa adecuado. Todo na xusta medida é positivo, nocivo é o abuso e o mal uso.


Unha tablet ou un móvil non poden nunca ser un medio para acosar, para fomentar a violencia, para exercer a desigualdade…Nunca deben de servir para insultar, humillar, lanzar acusacións infundadas, ponerse en perigo….


Varios estudos indican que estes dispositivos están sendo utilizados en exceso e para fins para os cales non foron creados, por exemplo para convertelo nun método para calmar e/ou distraer a nenas e nenos.

Non se trata, pois de prohibir o uso das novas tecnoloxías ás nenas e aos nenos, senon de educalas e educalos na responsabilidade, na igualdad, no respecto, na non violencia tal como indica o Defensor do Menor.

Debemos ter en conta:
  • O exceso de tempo diante das pantallas (tele, tablet, móviles…)inflúe sobre o desenvolvemento da linguaxe, sobre o sono, sobre a conduta, a ansiedade, o autocontrol…. Isto inflúe negativamente sobre a vista, a atención, a socialización, a forma física….
  • O mal uso de estes aparellos poden dar lugar a situación de abuso, acoso e cyberacso, adicción, inseguridade, violencia de xénero…
  • O uso sen control destes aparellos pode dar lugar a situación indesexadas. Eduquemos no seu uso antes de poñerllos nas mans.
En estudos recentes observánse os seguintes resultados:
-   As nenas e nenos con quen se usan móviles e tablets para calmar non son capaces de desenvolver os seus propios mecanismos de autorregulación.
-        Poden producir estragos na capacidade de atención e alterar o sono.
-      O tempo empregado con estes dispositivos reduce o tempo para xogar, relacionarse, moverse Poden reducir a socialización e o encontró persoa-persoa, interferir co desenvolvemento da linguaxe oral, da empatía e de resolución de conflictos.
-     Ten poder aditivo, o exceso de tempo dedicado pode facer que sexa difícil desengancharse e mesmo poden producir agresividade.


Deberíamos ter normas para o seu uso, comenzando polas persoas adultas que serven modelo:

-          Non usar as redes sociales para insultar ou criticar.
-          Desconectar os móviles en xuntanzas e conversas.
-          Non comer consultando o móbil ou tablet.
-          Non substituir un móbil ou tablet por un xogo ou xoguete.
-          Non deixarlles navegar en solitario por internet en ningún dispositivo.
-      Non permitir que estes aparellos os teñan á súa disposición en horario escolar, no tempo de estudo e tampouco cando van durmir.
-          Limitar o uso destes dispositivos a través da conexión wifi, apagala cando se estime oportuno ou se teñan sospeitas de uso fóra do pactado.
-       Instalar nestes aparellos distintos porgramas de seguridade e mesmo establecer a configuración necesaria en materia de control parental.
-    Indicarlles que non poden descargar apps sen consultar á familia e menos facer compras a través dos mesmos.
-          Dedica un tempo a explicarlles os perigos, a comentar casos que sucederon, a falar dos delitos que se poden cometer. Dedica máis tempo a falarlles que a interactuar co móvil.

AS SAÍDAS EDUCATIVAS NO COLEXIO

Unha saída educativa (que moito alumnado coñece como excursión) é una experiencia de aprendizaxe que se realiza en grupo con nenas e nenos e o profesorado e que implica un desprazamento fóra do espazo escolar.

É una experiencia de conexión da escola co medio e que debe supoñer una situación de aprendizaxe.
As saídas realízanse para:
-          Aprender doutro xeito, aprender observando e investigando, aprender integralmente
-          Ter contacto cunha realidade que xa vimos ou imos ver nos libros.
-          Mellorar na socialización (cooperar, seguir normas)
-      Relacionarse coas compañeiras e cos compañeiros de xeitos diferentes aos da aula, procurar relación positivas
-       Coñecer lugares diferentes e espazos variados que requiren formas de comportamento diversas segundo o entorno do que se trate (silencio, coidado da natueza, actitude de respecto…)
-  Compensar desigualdades (nenas e nenos que non tiveron oportunidades de acceder a determinados sitios, nenas e nenos que aprenden mellor en espazos abertos…).

As saídas educativas requiren da realización de actividades antes, durante e despois.
Antes: preparar a saída, informarnos, organizarnos.
Durante: observar o percorrido, vivenciar a experiencia, cooperar, intercambiar diálogos-experiencias e observacións, tomar apuntamentos do que interese….
Despois: resumir-narrar a experiencia, tirar conclusións….

Polo tanto NON TEN SENSO:
-      Levar aparellos que illen ao alumnado do resto do grupo (que tipo de relación van facer se levan maquiniñas, tablet, móvil, cascos…).
-         Levar obxectos e máquinas que lle impiden atender e observar o entorno (para que saímos se durante o traxecto imos mandando mensaxes no canto de observar o entorno?,  para que saímos se só nos preocupamos de tirarnos fotos no bus? para que saímos se imos escoitando música cos cascos e non escoitamos comentarios e explicacións do entorno? Para que saímos se só estamos pendentes do móbil, i pod..?).
-        Ir a una saída sen ter en conta as normas xerais que consensuaron nas aulas, sen o material necesario e útil e co vestiario inadecuado para a ocasión.

A saída é un recurso didáctico, una ocasión para aprender.

No hay comentarios:

Publicar un comentario