jueves, 23 de marzo de 2017

CHARLA "ACOLLE A UN NENO SAHARAUI NO TEU HOGAR"

Estimadas familias:

O martes, 4 de abril ás 16:20h teremos unha charla informativa, a cargo dunha familia de acollida e membros da asociación SOGAPS, para explicarnos o programa de acollida: “Vacacións en paz”.

Esta iniciativa está aberta a todas as persoas que solidariamente desexen acoller, nos meses de xullo e agosto, nenos e nenas procedentes dos campamentos de refuxiados saharauis.

Actualmente faltan 28 familias de acollida. Grazas a este programa de colaboración, moitos nenos/as saharauis poderán pasar un verán feliz en Galicia.

Se queres participar como Familia Acolledora de forma solidaria neste proxecto podes informarte chamando ó 986 26 26 37, escribindo a vacacionesenpazsogaps@yahoo.com, ou completando o  formulario de voluntariado desta páxina web:http://sogaps.org


jueves, 16 de marzo de 2017

CHARLA-COLOQUIO PARA NAIS E PAIS (Ed. infantil, Ed. Primaria e ESO)

Bos días a todos:

Os informamos que o pasado Martes 14 de Marzo dentro do programa "Escola de Pais" tivo lugar unha charla coloquio co seguiente tema a tratar. " Cómo fomentar hábitos alimenticios saludables nos nosos fillos".

A charla foi impartida por Patricia Beiro San Román, experta en nutrición (SERNUGA).

Os temas tratados na mesma foron:
- Recomendacións alimentarias saudables.
- Principais erros nos hábitos alimentarios.
- Dificultades máis comúns na dieta nos nenos/as.
- Peculariedades na alimentación do adolescente. 

Simultaneamente organizouse un obradoiro de escenificación e interpretación de cantigas galegas para que os fillos/as (Ed. Infantil) dos pais/nais que participen na charla pudesen asistir.

Esperamos que fora do voso agrado.
Dpto. de Orientación