jueves, 23 de marzo de 2017

CHARLA "ACOLLE A UN NENO SAHARAUI NO TEU HOGAR"

Estimadas familias:

O martes, 4 de abril ás 16:20h teremos unha charla informativa, a cargo dunha familia de acollida e membros da asociación SOGAPS, para explicarnos o programa de acollida: “Vacacións en paz”.

Esta iniciativa está aberta a todas as persoas que solidariamente desexen acoller, nos meses de xullo e agosto, nenos e nenas procedentes dos campamentos de refuxiados saharauis.

Actualmente faltan 28 familias de acollida. Grazas a este programa de colaboración, moitos nenos/as saharauis poderán pasar un verán feliz en Galicia.

Se queres participar como Familia Acolledora de forma solidaria neste proxecto podes informarte chamando ó 986 26 26 37, escribindo a vacacionesenpazsogaps@yahoo.com, ou completando o  formulario de voluntariado desta páxina web:http://sogaps.org


No hay comentarios:

Publicar un comentario